Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/02/2019 | Actualizada ás 10:51
A visita a Miami (Estados Unidos) do prosidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, non pasou desapercibida para os medios locais hispanos. AméricaTevé fixo unha ampla cobertura desta viaxe.
"La ciudad de Miami ha recibido una visita muy especial". Así comezaba o informativo América Noticias, de AméricaTeVé, siobre esta viaxe institucional, recollendo a recepción de benvida, "con mucho cariño", ao presiente da comunidade emigrante galega en Miami, considerada a "principal de todos los Estados Unidos", indicou a corresponsal Adriana Navarro. De feito, no Consulado español da cidade hai actualmente inscritos 8.000 galegos.
Ao son das gaitas, Feijóo foi acompañado por inmigrantes galegos e autoridades locais no restaurante Casa Juancho. Alí, Feijóo expresou a súa intención de estreitar lazos económicos, culturais e turísticos con Miami.
No acto participou o alcalde de Miami, Francis Suárez, quen afirmou que para a cidade foi un "gran privilegio" e "un honor" recibir a Feijóo.
Tamén estivo no acto o presidente de America TeVé, "orgulloso galego" que agradeceu a Feijóo a visita.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.