Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2019 | Actualizada ás 20:22
O encontro da rede europea de autoridades locais e progresistas (Realpe) concluíu cunha chamada a "facerlle fronte" á "propagación do fascismo en toda Europa". En representación da delegación galega interviñeron o tenente de alcalde de Ribadumia, Enrique Oubiña, e o tenente de alcalde de Teo, Ignacio Igrexas Villar.
No acto, a eurodeputada galega Lídia Senra encargouse de realizar as conclusións do evento deste ano, onde destacou a importancia de reforzar "cada día o compromiso da esquerda na loita polos dereitos das persoas fronte aos intereses do capital". Por iso, fai unha chamada á "desobediencia ás políticas fascistas e racistas que atentan contra os dereitos humanos, incluída a privatización dos bens común e os servizos básicos".
Respecto diso, anima a "gañar na batalla das ideas", xa que "un dos primeiros obxectivos da extrema dereita é atacar os dereitos das mulleres", á vez que pide romper "o discurso da supremacía branca que impera no relato occidental dos procesos migratorios". "Desde occidente non só podemos falar de solidariedade, senón tamén da responsabilidade que temos na desestabilización dos países dos que estas persoas ven na necesidade de fuxir".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.