Temas: AELG

María Teresa Horta, distinguida como Escritora Galega Universal

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguirá a poeta e xornalista portuguesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2019 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguirá a poeta e xornalista portuguesa María Teresa Horta como Escritora Galega Universal de 2019, galardón que será entregado no IV Gala do Libro Galego, que se celebrará en Santiago de Compostela o 11 de maio.

María Teresa Horta. AELG
María Teresa Horta. AELG | Fonte: Europa Press

Tal como sinalou a AELG, este recoñecemento realízase "desde o profundo respecto e afecto" cara á escritora e a súa obra de "altísima calidade", así como pola súa "incontestable defensa feminista dos dereitos civís, sociais e culturais na sociedade portuguesa actual".

Pola súa banda, a AELG tamén deu a coñecer este sábado á súa asemblea xeral os recoñecementos como Mestra e Mestre da Memoria 2019 para Dorothé Schubart e Pablo Quintana. A entrega destas distincións terá lugar no IV Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que se levará a cabo en Lugo. Así mesmo, Pilar Pallarés será a próxima Escritora na súa Terra-Letra E.

O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, destacou que a asociación volverá reivindicar no Día de Rosalía a declaración do Panteón de Galegos Ilustres como "público e laico" e criticou que "haxa que pedir permiso eclesiástico" para poder acceder.

Temas: AELG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta