Lida Senra defende en Barcelona as pensións públicas e vías para saír da "ditadura do euro"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2019 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A eurodeputada galega Lida Senra participa este venres e sábado en varios actos organizados en Barcelona, nos que defenderá as pensións públicas e debullará vías para saír da "ditadura do euro e da débeda".

En concreto, a europarlamentaria galega intervén na tarde deste venres nun acto organizado pola Marea Pensionista de Catalunya e pola Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público polas Pensións. Neste evento, presentará o libro 'O futuro dss pensións. Galiza, Estado español e Europa'.

Este traballo, editado pola propia Senra hai uns meses, recolle textos dunha quincena de expertos en seguridade social, materia laboral e xubilación e pensións de diferentes partes do Estado español e doutros países da UE, que participaron o ano pasado nunha xornada organizada por ela mesma en Santiago.

Xa o sábado, está convida a intervir nas xornadas organizadas polo Procés Constituent e nas que se desenvolverá un coloquio sobre como saír da "ditadura do euro e da débeda", no que participará outros relatores como os economistas Sergi Cutillas, Arcadi Oliveres e Josep Lluís Notivoli.

Nun comunicado, a eurodeputada explicou que aproveitará a súa presenza en Barcelona para defender tamén alí a necesidade de loitar tanto no ámbito social como no político para que "os dereitos das persoas estean por encima dos intereses do capital".

Ademais, a europarlamentaria reclamará como imprescindible que as administracións garantan uns servizos públicos básicos e de calidade, "como son o acceso a unha sanidade, a unha educación e a unhas pensións dignas".

Lida Senra defende en Barcelona as pensións públicas e vías para saír da. REMITIDO EURODEPUTADA
Lida Senra defende en Barcelona as pensións públicas e vías para saír da. REMITIDO EURODEPUTADA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Polo menos Lidia vai falar de algo real e tanxible... Non coma os críticos e os oficialistas de En Marea que coas súas divisións van entregarnos a todos aos Plans Privados de Pensións! (que só eles poderán pagar!)

1 anonimo

Hai xente que non é técnica en nada, e vive de vender vaguedades sen contido. A cuestión non é " defender" as pensións senón buscar recursos para sostelas, o que non é nada fácil. Largar os panfletos de sempre é doado,atopar solución reais, non. Pero, xa digo, hai xente que vive de largar o mesmo discurso fai trinta anos.