Por Europa Press / Redacción | LUGO | 22/02/2019 | Actualizada ás 14:21
A Garda Civil detivo este xoves, día 21, a unha cidadá romanesa como presunta autora dun delito continuado de furto cometido entre os meses de xaneiro e febreiro na localidade de Vilalba (Lugo) por subtraer diñeiro a persoas maiores e/ou con mobilidade reducida cando pedía esmola.
Segundo informou o Instituto Armado, no operativo policial constatouse que a presunta autora desprazábase polas mañás desde o seu domicilio ata a localidade de Vilalba "coa finalidade de cometer os presuntos furtos".
A muller, relatan as mesmas fontes, abordaba "ás súas vítimas na rúa coa escusa de pedir esmola para, posteriormente, subtraerlles diversas cantidades de diñeiro" en efectivo. Os "elixidos", indica a Benemérita, eran persoas maiores, algunhas con problemas de mobilidade, para "así poder cometer os delitos con maior facilidade".
A persoa detida, á que lle constan numerosos antecedentes por delitos contra o patrimonio, foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba. A Garda Civil puntualiza que a investigación segue aberta e non descarta que haxa "máis vítimas afectadas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.