O desprezo ao mundo tradicional, principio da fin da vida no rural
"É posible que o discurso do desprezo construído e difundido a través de múltiples canles, como a escola ou os medios de comunicación, tivese unha plasmación vívida nas experiencias individuais e compartidas das xentes que decidiron marchar do rural", apunta nesta entrevista Alba Díaz Geada, especialista en historia agraria e política do mundo rural.