Cando Galicia tiña máis habitantes que Cataluña e Madrid: así foi a hecatombe demográfica no último século e medio

En 1860, a poboación galega representaba o 11,5 por cento do total de habitantes en España e ocupaba a terceira posición, por enriba de Cataluña e Madrid; hoxe tan só representa o 5,78 por cento.

Por Alberto Quian | Madrid | 27/02/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Hai algo máis dun século e medio, no ano 1860, a poboación galega representaba o 11,5 por cento do total de habitantes en España. Era a terceira rexión máis poboada, só por detrás de Andalucía, que tiña o 19 por cento, e Castela e León, co 13,3 por cento. Hoxe, a poboación galega apenas representa o 5,78 do total estatal e pasou a ser a quinta comunidade autónoma por número de habitantes.

Vigo deserto
Vigo deserto | Fonte: Miguel Núñez.

Neste tempo, Galicia foi a segunda comunidade que máis caeu no peso porcentual da súa poboación no total de España. Unha caída de 5,6 puntos, practidamente a metade. Só Castela e León protagonizou unha hecatombe demográfica maior, pasando do 13,3 por cento en 1860 a tan só o 5,3 en 2015.

Asturias, Cantabria, Navarra, La Rioja, Aragón, Castela-A Mancha, Extremadura e Andalucía son as outras autonomías que tamén perderon peso poboacional en España no último século e medio (entre o 0,1 por cento de Cantabria e o 3,3 de Castela-A Mancha).

O resto, aumentaron o seu peso demográfico, destacando o caso de Madrid, que aumentou 10,7 puntos. En 1860, tan só representaba o 3,1 por cento da poboación total de España, ocupando o décimo posto; en 2015, era o 13,8 por cento, sendo a terceira por peso demográfico, por detrás de Andalucía (18,2 por cento) e Cataluña (16 por cento).

Tamén destacan os casos de Cataluña, que aumentou do 10,7 ao 16 por cento, pasando de ser a cuarta autonomía en 1860 —por detrás de Galicia— a segunda en 2015, por detrás de Andalucía (18,2 por cento), e Canarias, que pasou do posto 15 en 1860, representando tan só o 1,5 por cento da poboación, a ocupar o oitavo en 2015 co 4,6 por cento. E incrementaron  tamén Murcia, Baleares, Valencia e País Vasco. 

Son datos recollidos no estudo Regional Inequality in Spain: 1860-2015, asinado por profesores do Departamento de Análise Económica da Universitat de València e publicado en formato libro por Palgrave Studies in Economic History, coa edición do profesor Kent Deng, da London School of Economics.

A mediados do século XIX, Galicia achegaba o 11,49 por cento da poboación española. En 1910, esta porcentaxe minguaba ata o 10,4, caía ao 9,6 en 1950, para baixar logo ao 7,5 en 1980 e quedar no 5,9 en 2015. Unha porcentaxe que segue caendo, xa que en 2018 xa baixara ao 5,78 por cento.

A perda de peso poboacional de Galicia semella unha tendencia imparable, cunha crise demográfica de tintes tráxicos e que semella endémica. Calcúlase que en 2030, a poboación galega representerá tan só o 5 por cento da española. E non porque noutras autonomías vaia crecer máis a poboación, senón pola perda constante de habitantes que sofre o territorio galego nos últimos anos, debido ao saldo vexetativo negativo (morren máis persoas das que nacen) e a emigración. En 2010, Galicia acadou o seu máximo histórico de poboación, 2.797.653 habitantes. Desde entón, perdéronse case 100.000 habitantes, até niveis semellantes aos da década de 1950.

Quédense con estes datos oficiais: en 1900, Galicia tiña 1.980.515 habitantes; Cataluña, 1.966.382 e Madrid, 775.034; en 2018, a poboación galega era de 2.701.743 persoas, mentres que a catalá era 7.543.825 e a madrileña, 6.578.079.

Ou dito en porcentaxes: nos últimos 118 anos, a poboación galega aumentou un 36,4 por cento, a catalá un 283 por cento e a madrileña un 748 por cento. E aquí estamos agora en retroceso, mentres Cataluña e Madrid seguen gañando poboación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 Amancio

Non vos preocupar que detendo a Quim Torra ou facendo unha greve feminista fica todo solucionado.

7 anonimo

O discurso de que Galicia é unha " colonia" é de fai cincuenta anos. Era falso antes, i é moito mais agora. E simplista. E dicir que coma Galicia está chea de eucaliptos, e unha colonia, é algo infantil. En Asturias hai eucaliptos a esgalla. Hai xente que non evoluciona e repite o mesmo discurso, que non vale para explicar as ultradeficitarias pensión galegas, o imnenso custe que provoca a dispersión poboacional, ou a inversión no corredor atlántico de alta velocidade Coruña- Vigo. Seguimos cos panfletiños de fai 50 anos.

1 Españolistas: escoura

Ah, que non vale dicir que somos unha colonia pra explicar que España leva os nosos recursos sen deixar nada en troques. Interesante concepto.

2 Alpinista

Non só están colonizadas as terras galegas con eucaliptos, o pior son as tristes mentes colonizadas. Ti es un exemplo, como repetitivo propagador de contos madrileños. Outro día falamos da Asturias tamén colonizada, e tamén da Castela colonizada e maltratada... Acontece que antes precisas mellorar a sensibilidade (outras lentes, outra pel, outro ouvido, outra decencia). Entendo que moleste falar de demografía e de economía, tamén de língua e de liberdade, comparar con cen anos atrás, e ver como recuamos. Os datos confirman e deixan curtos os panfletos!

6 anonimo

O panfletiño de sempre. Os eucaliptos non os cultiva a burguesía madrileña, senón algúns galegos. O único imposto que se paga " en Madrid" é o imposto de sociedades, que tampouco recauda tanto. Cos outros impostos ( IVA; IBI;ICIO, ITP) non pasa eso. E eso de " encher de miseria " Galicia é un conto chino. As pensións en Lugo e Ourense ( ultradeficitarias) páganse grazas a soliridaridade estatal, senón co que se cotiza en Coruña e Pontevedra non daba para pagalas. O eterno, inmutable panfleto feito de ideas falsas.

1 Anothercowinthecorn

Outra vaca no millo

5 Pasmao

Pero ¿no quedamos en que sobraba gente y que no hay que tener hijos porque eso es propio de fachas?

4 Sara

Pues aqui estamos todos.Cuanta mas población peor calidad de vida.