Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 19:57
O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras asistirá este sábado en Bilbao ao funeral do expresidente do PNV Xabier Arzalluz, segundo informou Anova, formación na que milita Beiras.
O partido nacionalista que encabeza Antón Sánchez expresa as súas condolencias aos familiares e amigos de Xabier Arzulluz, de quen destaca o seu traballo en defensa "do dereito a decidir dos pobos" e "a liberdade das nacións sen Estado".
Beiras e Arzalluz participaron no ano 1998 no relanzamento de Galeusca, a alianza dos nacionalismos vasco, catalán e galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.