Case 200 profesores debaterán sobre a lingua francesa no sistema educativo galego

Educación destacou o abano de programas de aprendizaxe de francés, así como accións específicas de formación de profesorado, como os 28 auxiliares de conversación nesta lingua.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Preto duns 200 docentes xuntáronse nas xornadas '32émes Jornées Pédagogiques', un congreso organizado pola Asociación de Profesores de Francés en Galicia na que se aborda a presenza deste idioma no sistema educativo galego.

A titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acudiu na tarde do venres á inauguración do evento, no que puxo en valor a extensión do coñecemento de idiomas en todas as etapas educativas para alcanzar resultados tanto cualitativos como cuantitativos.

"Os nosos mozos son capaces de comunicarse, de expresar ideas e pensamentos en linguas estranxeiras coas que están a traballar", sinalou, incidindo en que se alcanzan resultados "superiores" á media nacional na certificación oficial de niveis de francés.

Educación destacou o abano de programas de aprendizaxe neste idioma, así como accións específicas de formación de profesorado, como os 28 auxiliares de conversación en lingua francesa procedentes tanto de Francia, como de Canadá, Bélxica, e Marrocos, programas de intercambio en centros estranxeiros da UE para 3º e 4º de ESO, entre outras.

Xornadas pedagóxicas. XUNTA
Xornadas pedagóxicas. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta