Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2019 | Actualizada ás 16:39
O rei de España, Felipe VI, presidirá este mércores 20 de marzo en Galicia a conmemoración do Día Internacional dos Bosques, que organiza a asociación Juntos por los Bosques. O acto terá lugar a partir das 11,00 horas nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no municipio de Boqueixón (A Coruña).
Juntos por los Bosques é unha entidade que aglutina a 30 asociacións representativas do sector agroforestal español. Este ano conmemora en Galicia o Día Internacional dos Bosques, baixo a lema 'Os bosques e a educación'.
O obxectivo desta edición, explica a Delegación do Goberno en Galicia, "é resaltar a importancia da formación e da cultura forestal como alicerces do desenvolvemento forestal do país e do recoñecemento social dos valores asociados aos bosques".
A asociación organizadora indica que "se trata dun día para celebrar e mostrar a unidade dunha cadea de valor estratéxica, comprometida co aproveitamento sustentable dos nosos montes e co benestar do mundo rural e dos cidadáns".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.