Citan como investigado o responsable de Minas da Xunta por prevaricación ambiental pola mina de San Finx

A Fiscalía de Medio Ambiente impulsa este procedemento que leva un xulgado de Noia, no que é acusación particular a asociación ecoloxista Verdegaia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2019 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O director xeral de Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, terá que comparecer como investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental o próximo 2 de maio nos xulgados Noia (A Coruña) en relación coa reapertura da mina de San Finx, en Lousame, por mor dunha petición da Fiscalía.

Fontes da Consellería de Industria informan  que chegou esta notificación para que Tahoces acuda a declarar, á vez que este departamento di "respectar" o traballo da xustiza e ofrécese a "colaborar". A Fiscalía de Medio Ambiente impulsa este procedemento que leva un xulgado de Noia, no que é acusación particular a asociación ecoloxista Verdegaia.

Pola súa banda, fontes próximas ao caso  explican que esta é unha causa "moi complexa tecnicamente", con intervención do Seprona e diversas periciais sobre contaminación, na que se investigan supostas irregularidades na exoneración de requisitos e autorizacións da Xunta desde hai unha década.

PREOCUPACIÓN POLA CALIDADE DAS AUGAS

De feito, no pasado a Plataforma en Defensa do Mar (Plademar) de Muros-Noia mostrou a súa preocupación polas "ilegalidades cometidas" pola mina de San Finx e a súa influencia na calidade das augas. Así mesmo, sobre a mina de San Finx, en 2018 a ONU admitiu a trámite unha queixa por "obstaculización" da Xunta ao acceso á información en proxectos mineiros.

A Xunta activa o Plan Moves con máis de 2,6 millóns para impulsar a compra de 500 vehículos eléctricos ou alternativos. XUNTA
A Xunta activa o Plan Moves con máis de 2,6 millóns para impulsar a compra de 500 vehículos eléctricos ou alternativos. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta