Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2019 | Actualizada ás 15:15
O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) para coñecer as súas demandas e abordar posibles melloras para esta raza.
Ao encontro asistiron o presidente de Asoporcel, José Barreira, o director técnico da raza, Iván Rodríguez, e a técnica Cruz Castro.
Asoporcel naceu no ano 1999 e, a día de hoxe, é a única entidade oficialmente recoñecida para xestionar o libro xenealóxico e levar a cabo o programa de conservación da raza porco celta, lembrou a Xunta.
Así, colabora coa Consellería do Medio Rural en todas as actividades de recuperación, fomento e difusión desta raza. A día de hoxe, hai 124 explotacións de porco celta en Galicia, cuns 3.321 animais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.