O candidato de Ciudadanos á alcaldía de Narón asegura que o goberno actual está "estancando"

Nico Arcos estima que "está a vivir das rendas" de executivos anteriores

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O candidato de Cidadáns á Alcaldía de Narón (A Coruña), Nico Arcos, asegurou que "existe neste momento un estancamento no goberno municipal, onde a corporación actual está a vivir das rendas dos gobernos anteriores, sen realizar nin materializar ao longo deste últimos catro anos ningún proxecto interesante" e que o actual executivo tripartito, formado por Terra Galega, PSOE e BNG, "está a limitarse a manexar os orzamentos para manterse co que hai, pero sen facer ningún proxecto interesante".

Así o manifestou o integrante de Cidadáns durante a súa presentación como candidato no oitavo municipio de Galicia en número de habitantes, realizada nun hotel deste municipio.
"Vemos que non se está fomentando o emprego, simplemente o que fan é manter a súa rede clientelar" incidindo en que o programa que elaboraron "busca que Narón siga crecendo, xerado fontes de ingresos alternativos, fomentando o emprego desde o emprendimiento, tanto de autónomos como de novas empresas, axilizando trámites, ofrecendo o chan industrial que está parado, para lograr que novas empresas tamén se asente na nosa localidade".

PROPOSTAS

Arcos tamén se situou a favor de "baixar impostos, tanto ás empresas que están como ás de nova implantación, pór en marcha medidas anticorrupción, para dispor dunha total transparencia no Concello, impulsando tamén o turismo, o deporte e a cultura, alicerces básicos que estimamos que poden supor un aumento dos ingresos".

O candidato de Ciudadanos á Alcaldía de Narón quixo destacar "a capacidade de todas as persoas que me acompañan nesta lista, moi profesionais en cada un dos seus ámbitos, moi traballadores, onde a maioría somos xente autónoma e que sabemos o que é levantarnos cada mañá e pelexar", incidindo en que "esta capacidade será trasladada ao Concello", tal e como xa fan nos seus "respectivos negocios e empresas, sendo esta a idea do partido".

FERROL (candidato Cidadáns)
FERROL (candidato Cidadáns) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta