Galicia, un dos poucos fortíns que quedan contra o neofascismo

Vox acadou representación en practicamente toda España, agás en seis autonomías: Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, La Rioja e Canarias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/04/2019 | Actualizada ás 22:48

Comparte esta noticia

A ultradereita fracasou nas elección xerais, se se teñen en conta as expectativas de Vox para estes comicios e algunhas enquisas. O neofascismo non chegou ao 12% dos votos  —quedou arredor do 10%— que lle daban como mínimo varias sondaxes e, nin de lonxe, puido celebrar con "gin tonics" o sorpasso a PP e Ciudadanos. Con todo, máis de dous millóns de cidadáns deron o seu voto á extrema dereita.

Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán
Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán | Fonte: Alberto Quian.

Os neofascistas ven estes resultados como un triunfo —pola súa entrada no Congreso—, pero o certo é que Vox non terá ningún papel decisivo nesta lexislatura, como agardaban, ao non sumar toda a dereita os escanos suficientes para formar goberno.

Vox acadou representación en practicamente toda España, agás en seis autonomías: Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, La Rioja e Canarias. Porén, si acadou un deputado en Cataluña, nun escenario de conflito político polo proceso independentista. Comunidades como Madrid e Andalucía aportan 5 e 6 deputados a Vox, respectivamente.

En Galicia, Vox quedou como sexta forza política, tan só uns 8.000 votos por debaixo do BNG (co 90% do voto escrutado) e tan só un 5% dos votos.

Estes resultados converten Galicia nun dous poucos fortíns que resisten contra a entrada do neofascismo nas instituticións públicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Noneyra

O fascismo en Galiza xa ten marca de seu: PPdG.

1 A hostia inversa

Non te esquezas das familas "Caballero", "Vázquez"...

1 Gamela

Unidas-Podemos perde 3 grazas a Villares! E se sumas Vox + PP superan ao PSdG ! Así que Galicia está no aire... Todo quedará pendente para as Municipais e non é precisamente un futuro moi optimista con tanta división e tanta marea municipalista que vai por libre...!!!