Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/04/2019 | Actualizada ás 14:26
O menor evacuado na tarde deste domingo en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense despois de caer desde o tellado dunha fábrica industrial abandonada en Maside ao interior da nave faleceu no hospital.
Así o confirmaron a Europa Press fontes municipais, que indicaron que na mañá deste luns tiveron constancia de que o mozo morreu no hospital. Os feitos sucederon no lugar de Listanco, en Armeses, ao redor das 17,10 horas deste domingo. Foi un dos mozos do grupo co que estaba o mozo o que alertou ao 112 do sucedido.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061, que mobilizou ata o lugar un helicóptero medicalizado. Ademais, por parte do 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros do Carballiño, que colaboraron na evacuación do ferido ata o helicóptero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.