Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2019 | Actualizada ás 21:10
A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, reivindicou o feminismo como "imprescindible" para avanzar na Unión Europea.
Senra participou este martes nunha 'Conversa de Mulleres' organizada por Marea Pontevedra, xunto a Peque González, Tareixa Contento e Teresa Casal.
Respecto diso, comprometeuse a "seguir traballando para que as mulleres participen en pé de igualdade sempre e para finalizar coa brecha salarial, coa fenda de xénero e coa violencia machista".
Deste xeito, reclamou "tolerancia cero cos maltratadores, tamén nas institucións e nas organizacións políticas e sociais" e tachou de "intolerable que o PP non actúe desta maneira, ao incluír, por exemplo, na lista electoral municipal de Curtis, a un home condenado por violencia machista".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.