Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2019 | Actualizada ás 14:19
A eurodeputada galega e candidata de En Marea-Compromiso por Europa, Lidia Senra, animou este sábado a participar nas eleccións ao Parlamento Europeo porque, ao seu xuízo, "alí tómanse decisións que afectan ao día a día".
Nesta xornada de reflexión, Senra sinalou que estas eleccións "esquecidas" teñen a súa importancia, e valorou como "fundamental" escoller este domingo os deputados que van representar aos cidadáns en Europa.
Así o explicou Senra ante a prensa este sábado mentres aproveitaba para realizar a compra no Mercado do Alimento Labrego de Teo (A Coruña), porque, ao seu xuízo, "é fundamental apoiar os mercados locais". "É onde sempre estiven e sempre estarei", sentenciou a eurodeputada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.