Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 20:59
A militancia, a través das asembleas locais do BNG, terá un papel "clave" á hora de adoptar as decisións sobre os pactos nos municipios galegos por mor dos resultados das eleccións do domingo. En calquera caso, os acordos serán avaliados "caso a caso" e terán que conformarse "gobernos transformadores" e "en clave de país". Estas son algunhas das conclusións alcanzadas pola Executiva Nacional do Bloque celebrada na tarde deste mércores e que serviu para analizar o escenario aberto tras os comicios do 26 de maio.
A través dun comunicado, os nacionalistas celebran que estas eleccións "confirman o avance social" da formación e a consolida " como terceira forza política" no ámbito municipal. Significativamente, destacan que lograron representación en todas as corporacións do sete cidades galegas, o que non ocorrera en 2015.
De face a posibles pactos naqueles municipios nos que sexan necesarios, o BNG remarcou que traballarán "para evitar gobernos da dereita", aínda que cada municipio será avaliado "caso a caso". "Nesa toma de decisións será clave o papel da militancia a través das asembleas locais", insisten.
En canto ás deputacións provinciais --nas de Lugo, Pontevedra e A Coruña serán clave para que os socialistas revaliden os gobernos--, o Bloque sinala que o criterio a seguir será o do "baleirado competencial" destas institucións e a "eliminación de calquera amiguismo e caciquismo".
Así mesmo, e en referencia aos comicios europeos que tamén se celebraron o domingo, os nacionalistas destacan que se duplicase o número de apoios, o que denota un "notable avance que sitúa ao BNG como terceira forza política en Galicia" no ámbito comunitario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.