Por Galicia Confidencial | Porriño | 09/02/2012 | Actualizada ás 20:28
O Centro Democrático Liberal de Galicia (CDL) está disposto a erradicar as touradas de Galicia se chega ao poder. Así o manifestou o seu presidente que criticou duramente ao ministro Ignacio Wert por denominar "disciplina artística" ao que "non é máis que un asañamento ignominioso contra un pobre animal, produto dunha mentalidade retrograda, irrespectuosa e insensible".
Por iso, esta formación amosase disposta a "aniquilar a barbarie da tauromaquia de Galicia" e asegura que "non terá piedade" de desaloxar esta festa de Galicia. "É certo que en Galicia a tauromaquia, afortunadamente, non ten demasiado arraigamento pero mentres se destrozar así a un ser vivo para xúbilo da plebe, a nosa conciencia non quedará tranquila, así que desterremos das nosas fronteiras esta sumarísima crueldade,".
E a diferencia do acontecido en Cataluña, este partido anuncia que irá máis alá porque "non haberá moratorias nin indenizaciones para esta industria criminal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.