Por Europa Press / Redacción | VIGO | 11/06/2019 | Actualizada ás 17:12
O Executivo autonómico encargou ao departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a realización dun estudo sobre o custo que suporía a prohibición de cortar as aletas das quenllas ás frotas de todo o mundo.
Tal e como explica a Consellería do Mar, na actualidade, esta normativa só se aplica aos buques da Unión Europea (UE).
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, insistiu na necesidade de unificar a normativa que afecta as frotas co obxectivo de que non existan "condicionantes económicos nin materiais de alcance" entre elas.
No marco da clausura do proxecto 'FIP Blues', que abarca a mellora pesqueira para a quenlla e o peixe espada e que tivo lugar en Vigo, a directora xeral destacou, ademais, a sustentabilidade da pesca con palangre de superficie galega.
Así mesmo, indicou que a Xunta instou á Secretaría Xeral de Pesca do Goberno central a defender na UE a necesidade de estender a prohibición de cortar as aletas de quenllas a toda a frota mundial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.