Inzar desaparece como corrente organizada dentro do BNG

A organización Inzar desaparece logo de case 40 anos de Historia. Faino pola distancia que hai entre a súa existencia real e as “pretensións formais” recollidas nos seus documentos fundacionais. Guillerme Vázquez, Sánchez Bugallo ou Carlos Príncipe formaron parte dos antecedendentes de Inzar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2012 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A organización Inzar acordou proceder á súa disolución.  Unha decisión que foi adoptada con anterioridade ao comezo dos traballos da XIII Asemblea Nacional do BNG e non foi comunicada publicamente até agora para “non interferir co proceso asembleario da organización frontista”.A disolución será formalizada o vindeiro 3 de Marzo.

Segundo apunta Xesús Veiga Buxán en nome do Consello Nacional desta organización, o remate do ciclo vital de Inzar non está asociado a unha estratexia relacionada co presente e o futuro do actual BNG. “Dende hai varios anos, o esmorecemento da vida organizada do noso colectivo e a notábel redución da súa proxección pública, provocou unha indesexábel distancia entre a nosa existencia real e as pretensións formalmente reclamadas nos nosos documentos fundacionais”, asegura.

Participar na sociedade

Con todo, a desaparición de INZAR non significa que as persoas que integren este colectivo renuncien, segundo o seu Consello Nacional,   á defensa das ideas de transformación social que acompañaron a súa andaina durante os últimos 40 anos. “A partir de agora, semellantes ideas serán canalizadas a través da participación no amplo tecido asociativo que, no noso Pais, traballa a favor dos dereitos nacionais e do mantemento e ampliación das políticas de benestar social”, asegura.

Inzar naceu no ano 1991 como consecuencia da fusión da Liga Comunista Revolucionaria (LCR) e o Movemento Comunista de Galiza (MCG), dous partidos políticos xurdidos nos últimos anos do franquismo.Dende o mes de Maio de 1993, INZAR pasou a formar parte do BNG como un dos colectivos recoñecidos formalmente no seo da organización nacionalista e desde hai tres anos a maior parte dos seus militantes formaban parte de Máis Galiza.

Precisamente, no último Consello Nacional, Inzar xa non designou a ningún membro da súa corrente para formar parte deste órgano tras ter enviado, previamente, unha carta á Executiva informando sobre as razóns desta decisión. O pasado sábado, tan só se elixiron representantes por parte da UPG e de Galiza Nova. No  Consello Nacional anterior á XIII Asamblea Nacional tiveron representación como colectivos dentro do BNG a UPG, EN, PNG-PG, Inzar e o Colectivo Socialista.

Historia

Ao longo da súa historia, Inzar contou con destacados líderes políticos como o actual alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, ou os ex concelleiro do BNG en Ferrol, Xaquín Ros ou Andrés García Mata, que foi ex tenente de alcalde en Ourense na lexislatura pasada. Antes de configurar Inzar, tamén destacados dirixentes socialistas como Xosé Sánchez Bugallo ou Carlos Príncipe formaron parte do MCG e da LCR, respectivamente. Asemade, o actual voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez foi membro do MCG nos anos 70.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

11 guzman:home bo

Que alguén me explique que é unha corrente orgaizada, non o entendo.

10 ´Monfortino

O alcalde de Monforte é o que lle facilitóu a rúa a Fraga?

9 FPJ

disidentes

8 Por que por que

Por que me entero da existencia destas "correntes"-taxi de 5-10 persoas tirando polo alto, como Inzar ou PNG ou EN, cando deciden abandonar unha organización con milleiros de militantes?

7 RESABIADO

A VER, FORON QUINTANISTAS PORQUE A SUSO VEGA, LLE DEU QUINTANA, UN POSTO DE ASESOR ECONOMICO EN VICEPRESIDENCIA. A PARTIR DE AÍ, FIXERONSE DE +GALIZA. PERO A COUSA SAIU MAL E OS PLANS DE VIVIR PARASITARIAMENTE VIÑERON ABAIXO. Logo xa non habia supervivencia posibel.