Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/06/2019 | Actualizada ás 09:31
Paulinho Vilhena é un famoso presentador e actor brasileiro, recoñecido con varios premios no seu país. Agora, a súa fama medra máis por un espido nunha praia de Galcia que publicou en Instagram e a censura que aplicaron os administradores desta rede social da que é propietaria Facebook.
O balbordo e a polémica en Brasil saltou aos medios de información, que dan conta do acontecido. Segundo a prensa daquel país, o célebre actor e presentador atópase en Galicia, onde "em um momento de plena liberdade", decidiu publicar un vídeo no que aparece completamente espido nunha praia facendo unha acrobacia coñecida como 'estrelinha' na area. Os medios sitúan a acción o pasado 25 de xuño, e salientan que foi un dos temas mencionados no programa 'Encontro com Fátima Bernardes', da TV Globo, o día 26.
Instagram bloqueou o vídeo alegando que incumpría as normas desta comunidade. Tras esta censura, o propio protagonista pronunciouse: “O Instagram retirou o tal vídeo de bumbum de fora… Respeitando as regras da comunidade instagramers".
Vilhena aproveitou para publicar unha nova fotografía sem camisa nas illas Cíes e preguntou: “Essa pode pessoal?? Peço desculpas se alguém se ofendeu ou se causei algum mal. Viva a LIBERDADE!!!! Viva a Galicia!!! #meubumbuminhasregras”.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Paulinho Vilhena (@vilhenap) el
Naquel vídeo espido, Vilheda escribira como comentario: “A Galícia me mostrou muita coisa, já acreditava na maioria delas… Amizade, preservação, amor… E ainda me deu a liberdade, liberdade verdadeira de estar em meio à natureza e poder verdadeiramente usufruir disso com respeito e compartilhando disso com a cultura local. Viva a Galícia! Que delícia!".
En apenas dúas horas, o vídeo acumulara case 400 mil visualizacións.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O Helicóptero de Gardacostas rescata seis tripulantes dun veleiro ao norte de Asturias
- Máis de cen profesionais dos CIM reciben formación sobre as actualizacións de VioGén 2
- Protesta de afectados polo peche da Unidade Postcovid no CHUO de Ourense
- Susto en Boqueixón; hackean o teléfono do alcaldee solicitan diñeiro aos veciños do concello
- Primeiro gran lume da primeveira no paque natural do Xurés
- O Sergas nega "realidades macabras" na atención sanitaria do Condado e A Paradanta