Steven Emerman, xeofísico crítico coa mina de Touro: "A empresa non respondeu os meus argumentos"

Ironiza con que o "único" que lle preocupa a Cobre San Rafael é que é "norteamericano" e advirte de que a localidade podería "quedar destruída en segundos" pola falla de seguridade.

Por Galicia Confidencial | | 01/07/2019 | Actualizada ás 09:49

Comparte esta noticia

Steven H. Emerman é un consultor norteamericano experto en seguridade mineira que se atopa de visita en Galicia para falar dos proxectos de Touro-O Pino e San Finx, sobre os que é moi crítico.

O xeofísico Steven Emerman
O xeofísico Steven Emerman | Fonte: www.rosaliatv.com

Tras recibir duras críticas de Cobre San Rafael (responsable do proxecto de Touro-O Pino), que tentou desprestixiar a este experto en augas subterráneas e minaría, Emerman responde que a "preocupación" da empresa "é soamente que son americano", xa que "non respondeu os seus argumentos".

Nesta entrevista con Pilar Aymara, o xeofísico expón de novo os seus argumentos sobre este dous polémicos proxectos mineiros en Galicia, así como a mina de Riotinto (Huelva).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 De Lalín

Gris y cutre a más no poder.

2 Aymara

Moito Galiza-Escocia nesta tv, pero inglés e español cun falante USA de portugués... Carvalho Calero rules!

1 SON

Esta claro que este home se manexa ben en portugués (do Brasil). Non entendo como estando aqui na Galiza e despois de darlle tanto bombo ao da lusofonia se lle fai a entrevista neste mjedio en Español que por certo fala moi moi mal e resulta moi incómodo seguir a entrevista nese idioma.