Comeza a comercialización das primeiras 113 vivendas da urbanización Leira de Xaz, en Oleiros

Este complexo conta con 745 vivendas de difrentes tipoloxías, entre elas destacan 47 parcelas a pé dun campo de golf e chalés con piscina.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A inmobiliaria Avantespacia, da corporación Inveravante, puxo en marcha a comercialización das primeiras 113 vivendas dun dos seus proxectos "máis singulares", segundo destaca, que é a urbanización Leira de Xaz, en Oleiros (A Coruña).

Este complexo, distribuído ao redor dun campo de golf de 18 foxos e a quilómetro e medio das praias de Santa Cruz, está composto por un total de 475 vivendas de diferentes tipoloxías que se irán pondo á venda por fases.

De todas elas, Avantespacia destaca 47 parcelas urbanizadas destinadas a vivendas unifamiliares a pé dun campo de golf, ademais de chalés pareados e apartamentos. Estes últimos están integrados en edificios de baixa altura, en recintos privados con piscina e zonas recreativas.

A inmobiliaria subliña que Leira de Xaz conta cunhas "excelentes comunicacións non só" coa cidade da Coruña, senón tamén "coas principais vías de comunicación que vertebran Galicia".

Vista orientativa das vivendas da urbanización Leira de Xaz, en Oleiros (A Coruña).. INVERAVANTE
Vista orientativa das vivendas da urbanización Leira de Xaz, en Oleiros (A Coruña).. INVERAVANTE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta