Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/03/2012 | Actualizada ás 16:11
As artes marciais históricas europeas son o conxunto de sistemas de loita usados na Europa do S.XIV ao XVIII -- habitualmente identificadas como "esgrima medieval", mais incluíndo diversas armas (daga, bastom, lanza, alabarda, sabre...) e tamém loita desarmada (Ringen, abrazzare).
É unha actividade que esta a ter un crecente auxe na Europa e no mundo e na que tamén participan diversas asociación galegas cun repercusión internacional.
O encontro vai aglutinar ás sete salas galegas (A Coruña, Compostela, Lugo, Narón Ourense, Pontevedra e Vigo) que practican estas disciplinas nunha xornada de intercambio de estilos, información e experiencias. "Imos contar cunha sesión de sparring impartida polo subcampiom da Europa e recente campiom do Torneo de Esgrima Historica "Corona de Aragón" de luita con espada longa, e clases de profesores de Dijon, Viena ou Roma", sinalan os organizadores nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.