No presente século XXI, conceptos e ideas tradicionais como Patria, Nación, Nación Histórica, Estado-Nación, ou Estado sen nación, cultura propia, cultura nacional (con estado ou sen estado), espírito da nación, pobo, e civilización, están a ser diluídas, dixeridas, nunha nacente cultura uniforme e líquida con pretensións de carácter universal. Do éxito ou fracaso do proxecto unificador e devastador da contorna existente serán testemuñas as próximas xeracións.