Artigos de Manuel Bragado

Gratitude

Non foi o luns un día que comezase con grandes doses de temperanza.

A millonada de Bale

Rin un pedazo coa páxina de The Guardian na que se pregunta como se podería gastar en España a millonada (85 millóns de libras, cen millóns de euros) que pagou Florentino por Gareth Bale.

Non a guerra

O que se anuncia como inminente ataque estadounidense sobre Siria non acabaría con aquela guerra civil nin aliviaría a dor da súa poboación.

Lamentable espectáculo de Tele 5 e La Sexta

Tal como agoirabamos, as cadeas privadas estatais transformaron onte a desgraza de Angrois, que esqueceran o mércores, en lamentable espectáculo televisivo de fin de semana. Todo pola audiencia! Nin sequera as intervencións tan atinadas de Antón Losada e Xaime López no «Gran debate» evitaron o desacougo que me produciu o enfoque grandilocuente do programa de Tele 5, cadea á que desta volta La Sexta superou en oportunismo co seu «La Noche de La Sexta». Abafado, optei por apagar e coller o ipad para botarme a ler.

A escola, para ser escola, debe ser pública

Ignacio Escolar chiaba onte unha interesante entrevista co noso admirado Francesco Tonucci con motivo da súa intervención hai uns meses en Sevilla. En momentos de apoxeo da escola segregadora, coa LOMCE no seu triste trámite parlamentario, é unha beizón ler opinións tan sensatas sobre temas educativos como estas de Tonucci, defensor teimoso do modelo de escola pública.

Porto Cabral

Non é doado xustificar a oportunidade do macroproxecto de centro comercial e de lecer de Porto Cabral promovido no concello de Vigo polo fondo de investimentos Eurofund Investments en joint venture coa empresa británica INTU especializada en shopping resort.

A LOMCE e o currículum formativo

A lectura detallada do proxecto da LOMCE é un exercicio imprescindible para coñecer en profundidade as modificacións do currículum escolar preparadas polo equipo Wert. Á confesionalidade e centralización curricular xa identificadas, haberá que engadir importantes modificacións para determinadas materias.

ILP Valentín Paz Andrade

Levei unha alegría cando souben da aprobación por unanimidade do Parlamento Galego da toma en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade.