A sección sindical da CIG no complexo de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, na provincia da Coruña, convocou unha reunión extraordinaria do Comité para este luns, ante a situación "preocupante" de paralización da actividade dos fornos e para establecer unha rolda de contactos institucionais nos que se analice o futuro do complexo industrial da Costa da Morte.