As tempadas de seca máis longas, as precipitacións máis concentradas, períodos con xeadas moi fortes e outros elementos climatolóxicos importantes poden poñer en risco a produción vitivinícola galega. Ante un posible escenario onde cambien as condicións climáticas en Galicia, os viños galegos estarían preparados para afrontar cambios no clima?
  comenta   0
Nun novo capítulo da nosa serie sobre especies invasoras en Galicia o portavoz de Amigas da Terra, Antón Lois, cóntanos como 'Arundo donax' perxudica os nosos ecosistemas autóctonos. Polo momento, goza de total impunidade, pois carece de inimigos naturais, aínda que se di que "as especies invasoras teñen un par de séculos de impunidade, pero máis tarde ou máis cedo chega algún insecto ou fungo que as pode atacar".
  comenta   0
O comisario de Agricultura da UE, Janusz Wojciechowski, asegurou que as protestas do campo lle serviron para percatarse de que era necesario modificar "unha parte importante da lexislación e simplificar algunhas restricións da política agrícola común".
  comenta   0
A costa galega é unha das contempladas neste estudo, que ten como obxectivo ser unha ferramenta de divulgación científica para o crecemento dun sector emerxente e sustentable como é o cultivo das algas.
  comenta   0
O conselleiro delegado da empresa convida a un grupo de xornalistas as súas factorías de Portugal para un lavado de imaxe. A multinacional lusa quere crear a megacelusosa en Galicia pero sempre e cando capten máis de 200 millóns de fondos europeos, é dicir, que conten con axudas públicas para realizala.
  comenta   0
As 14 comunidades autónomas e cidades autónomas onde goberna o PP enviaron unha carta á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, para pedir a convocatoria "urxente e presencial" da Conferencia Sectorial para debater a Lei de Restauración da Natureza, unha norma que rexeitan por considerar que "pon en risco" a sustentabilidade do campo e o sistema alimentario español.
  comenta   0
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica a ampliación en seis millóns de euros da liña de axudas destinadas á obtención de avais da Sociedade anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA).
  comenta   0
Tras medio ano e varias advertencias de asociacións de consumidores, 8 grandes supermercados seguen fixando o prezo do aceite de oliva de marca branca na mesma contía: 9,90 euros. En Portugal está un 12% máis barato.
  comenta   2
Os nacionalistas insisten en que o electorado galego "votará con papeleta e candidaturas plenamente do BNG" cunha "campaña 100% galega"
  comenta   0
Estará acompañado pola exministra de Agricultura Elena Espinosa; a exalcaldesa de Lugo Lara Méndez; e a deputada Carmen Rodríguez Dacosta como viceportavoces.
  comenta   0
O conselleiro do Medio Rural reuniuse, de forma telemática, cos seus homólogos de Asturias, Cantabria e País Vasco.
  comenta   0
A Asociación Valenciana de Agricultores enviou unha carta ao ministro de Agricultura para solicitarlle que "de maneira urxente pida explicacións ao Goberno" do país.
  comenta   0
Poderán optar a estas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, as asociacións de criadores oficialmente recoñecidas por Agricultura para a xestión de programas de cría. O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes a partir deste mércores.
  comenta   0
Así o asegura a Federación Rural Galega (FRUGA). O SLG esixe ao Ministerio "concreción" nas medidas para mellorar a situación da actividade agrogandeira.
  comenta   0
Vivimos cun sistema alimentario que non funciona ben. Necesitamos cambialo urxentemente para axudar ás persoas e ao planeta. Case mil millóns de persoas pasan fame todos os días, porén no mundo prodúcese suficiente comida para máis de sete mil millóns de persoas. Ademais, preto de mil millóns de persoas teñen obesidade ou sobrepeso, e desperdíciase o 30% da comida mundial. O problema non é producir máis comida, é producila nos lugares onde máis se necesita, sen danar a natureza.
  comenta   0
O conselleiro do Medio Rural, José González: "Non pode ser que se faga en Bruxelas unha lexislación que se aplique igual nos Países Baixos que en rexións como esta".
  comenta   0
Unha iniciativa de I+D financiada con 2,2 millóns de euros de fondos Feder na que participan 16 universidades, centros de investigación, así como outras entidades públicas e privadas.
  comenta   0
O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, dirixísiuse ao ministro de Agricultura, Luís Planas, para que lidere en Bruxelas a petición.
  comenta   0
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, destacou que, ademais de dar a súa opinión na reunión coas comunidades autónomas do próximo luns, 19 de febreiro, vai aceptar " e escoitar" as suxestións que expoñan de cara ao que o Goberno vaia a defender o 26 de febreiro, en Bruxelas.
  comenta   0
Os agricultores de Europa enfróntanse a unha morea de desafíos que están a afectar gravemente o seu sustento. Moitos pequenos agricultores víronse obrigados a pechar as súas pequenas explotacións por mor da combinación de varios factores que están a prexudicar a súa capacidade para manterse á boia. Mentres que algúns políticos e grandes grupos de presión agrícolas tenden a culpar á lexislación ambiental europea, a verdade é que os problemas reais van moito máis alá.
  comenta   0
Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego apostan por unha estratexia diferente co sector asturiano e cántabro na mobilización do agro diferente ao resto do Estado. Fixan para o día 20 a mobilización nas catro capitais de provincia e en Santiago de Compostela e apuntan á ultradereita como instigadora de certas tractoradas.
  comenta   0