O consello da Xunta deu luz verde este luns á contratación, por procedemento de emerxencia, do servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo, cun orzamento de 2,9 millóns de euros (sen IVE) e 6 meses de duración, mentres se tramita un novo contrato por procedemento aberto.
No manifesto en defensa do sector pesqueiro lido este sábado chamouse a plantar cara "fronte á cobiza dos Repsol, Naturgy, Iberdrola ou Endesa" e á "pasividade e mesmo colaboración dalgunhas administracións, como o Goberno español e a Xunta de Galicia, cos promotores da eólica mariña".
  comenta   1
Termina sen acordo a reunión entre persoal de ambulancias de Vigo e Consellería. O Sergas pide "responsabilidade" a sindicatos e estes critican a "nula" intervención da Xunta e exporán unha posible folga.
Exercerán a súa función nos xulgados de Betanzos, Cambados, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Redondela e Vilalba.
  comenta   0
O operativo, coordinado por Salvamento Marítimo, activouse despois de que un particular, minutos antes das 20.00 horas, informou de que presenciara como unha planadora envorcaba á altura da parroquia do Hío. Segundo dixo, o tripulante caera ao mar e non era capaz de velo na auga.
  comenta   0
O aviso deuse pouco antes das 20.00 horas, cando un particular informou de que presenciara como unha planadora envorcaba na Costa da Vela, á altura da parroquia do Hío. Segundo dixo, o tripulante caera ao mar e non era capaz de velo na auga.
  comenta   0
Os achegados da desaparecida denuncian que as dilixencias practicadas foron "insuficientes". A resolución é firme e non cabe recurso algún.
  comenta   0
En Vigo, Redondela, O Grove e Mugardos votaron en masa ao BNG nestes comicios, tendo alcaldes socialistas e populares. Soutomaior, Moaña, Cangas, Catoira, Fene, Verea, Allariz e Vilar de Santos votaron ao BNG o 18F e teñen alcaldes nacionalistas. E Entrimo, Calvos de Randín, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz votaron ao PSdeG e teñen alcaldes socialistas.
  comenta   4
"Na zona próxima á costa, a partir de mínimas mantidas sobre os 10 graos e máximas a partir dos 16 a raíña comeza a saír da hibernación, o que se dá no mes de febreiro en diante, normalmente, aínda que pode adiantarse (como din que aconteceu este ano) pola climatoloxía", explica José María Bello Santos dende a Asociación Galega de Apicultura, que destaca que, con todo, o pico debería chegar "na última semana de marzo ou nos primeiros quince días de abril".
  comenta   0
O primeiro voo Vigo-Madrid programado para este xoves, da compañía Iberia, tivo que saír desde o aeroporto compostelán de Lavacolla.
  comenta   0
Despois da exitosa estrea en Galicia de IRIBARNE, o novo espectáculo de ButacaZero encara unha xira que terá o vindeiro 20 a súa primeira parada en Santiago de Compostela, concretamente no Auditorio de Galicia.
  comenta   0
Deputadas e cargos socialistas arroupan a Iria Malvido no Parlamento, desde onde volven pedir o cesamento de José Luís Gestido.
  comenta   1
O presidente cre que é un intento de "elevar o clima de crispación" e Paula Prado pide ao PSOE que "deixe de levantar cortinas de fume"
  comenta   1
Estudos recentes cifran en 1.250 o número de ciberataques que se producen de media cada semana en España, que se considera o terceiro país do mundo, só despois de Estados Unidos e Rusia, que máis delitos cibernéticos rexistra.
  comenta   0
A sorte sorrí á Coruña e O Grove, que acumulan 220 millóns grazas ao segundo premio, mentres Riotorto reparte case 11 cun quinto
  comenta   0
Todos saldáronse sen danos persoais fóra dunha persoa afectada por síntomas de inhalación de fume.
  comenta   0
O concerto será este venres e corre a cargo da banda Jimenos Band ás 20:30 h. no Auditorio Municipal, mentres que o magosto terá lugar o sábado 11 de novembro.
  comenta   0
O que fixeron os efectivos foi retirar o material que había no interior e dividírono en tres grupos de maneira que, se volve arder "non cause tanto problema". Os servizos de emerxencia indicaron que había bastantes palés de cartón no interior.
A principal hipótese apunta a que se tratou dun incendio intencionado, xa que as instalacións non teñen corrente nin actividade e o clima era chuvioso. Este lume prodúcese apenas unha semana despois doutro incendio en Massó, que calcinou as oficinas da nave. Ademais, no mes de agosto rexistrouse un suceso similar na gardaría anexa á planta.