O investigador Miguel Mauricio Iglesias explica as primeiras conclusións do estudo científico realizado na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ourense. Os datos indican que a auga e o lodo tratados non conteñen materiais xenéticos do SARS-CoV-2, mais si as correntes de lodos. Os investigadores continuarán o seu traballo en Vigo, Viveiro, Ribeira, Sanxenxo, Lugo e Ferrol, en colaboración con Augas de Galicia.