A temática desta edición, "O Xardín é unha obra de arte", trae á vila do Arnoia xardíns inspirados en obras de autores como Van Gogh, Monet, Maruja Mallo, Agustín Ibarrola ou René Magritte; e baseados en correntes artísticas como o impresionismo, o cubismo, o surrealismo ou mesmo o pop.
  comenta   0
Funergal, a única feira internacional no país do sector funerario, celebrarase en Ourense entre o 16 e 18 de maio coa presenza de nove países: España, Portugal, Italia, Países Baixos, Polonia, México, Ecuador, O Salvador e China.
  comenta   0
Ao longo do século XXI, o inicio da primavera pode darse, como máximo, en tres datas distintas do calendario (do 19, 20 e 21 de marzo), sendo o seu inicio máis temperán o do ano 2096 e o inicio máis tardío o de 2003.
  comenta   0
O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse este 13 de decembro para seleccionar os 9 xardíns que formarán parte da XIV edición do Festival que terá como tema “O xardín é unha obra de arte”. Catro das creacións a concurso chegan de Madrid, dúas son galegas e de fóra do estado haberá unha de Austria, unha de Portugal e outra de Ecuador.
  comenta   0
A tamén directora e docente recibe o premio "en recoñecemento a unha traxectoria na que vai deixando pegada en múltiples proxectos e facetas profesionais". Tamén nas aulas, xa que forma a novos intérpretes desde hai máis de 15 anos na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), asi como na facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Destaca tamén polo seu activismo a prol da igualdade.
  comenta   0
O líder socialista afirmou que o alcalde de Santiago e o seu equipo "levan protagonizando todos os cambios transformadores desta cidade" nos últimos anos.
  comenta   0
Numerosos youtubeiros de todos os recunchos do planeta están coñecendo a actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest estes días e destacan as voces e a posta en escena de Terra.
  comenta   0
O Sergas aumenta a listaxe de países, entre os que inclúe tamén a Suíza. Debe notificar quen chegue de calquera autonomía, salvo: Andalucía, Balears, Canarias, Castela-A Macha, Valencia e Madrid.
  comenta   0
Para as persoas amantes do cinema, o filme “Casablanca” figura, sen dúbida, no catálogo das ficcións imprescindíbeis. Por iso, resultará doado que lembren a escena no que o experimentado e cínico capitán de policía Louis Renault, presente habitualmente no “Café de Rick” afirma escandalizado, e antes de ordenar o peche do local, que alí se está xogando. A metáfora desta sorpresa impostada podería ser trasladada a certas reaccións rexistradas ante o coñecemento dos chamados “papeis de Pandora”, un conxunto de documentos demostrativos de contas opacas en paraísos fiscais para agachar as obrigas tributarias asociadas a diversos persoeiros das elites económicas, políticas, artísticas e deportivas de distintos países do mundo.
  comenta   0
Os novos contaxios descenden lixeiramente, pero o global de casos segue aumentando. Baixan os pacientes hospitalizados á vez que a taxa de positividade se mantén en niveis históricos, moi por riba dos aconsellados.
  comenta   0
O presidente da Deputación de Ourense gaba o papel de Feijóo pero non descarta optar ao liderado do PPdeG se Feijóo dá o salto a Madrid: "no seu momento, falaremos".
  comenta   0
A cifra máis preocupante atópase na taxa de positividade, que sobe ao 3'5%, aínda dentro dos límites marcados pola OMS.
  comenta   0
As eleccións celebradas, o día 4,  na Comunidade de Madrid completaban o catalogo de citas coas urnas  rexistrado no período de pandemia. Nos casos de Galiza, Euskadi e Cataluña a convocatoria derivaba da caducidade -explícita ou tácita- das respectivas lexislaturas parlamentares. Sabíase da notábel complicación que xeraban as circunstancias sanitarias no desenvolvemento da campaña e na propia realización dos comicios. Houbo, mesmo, discusión entre as forzas políticas concernidas a respecto da pertinencia das datas establecidas debido á persistencia dunhas cifras de contaxio que causaban unha lóxica preocupación.
  comenta   0
O empeoramento da situación déixase ver no aumento da taxa de positividade, que polo momento segue en niveis recomendados pola OMS.
  comenta   0
Os casos activos soben lixeiramente a 3.061 tras facerse 2.000 PCRs maís e a taxa de positividade aumenta e supera o 2% no conxunto de Galicia.
  comenta   0