Casualidades da vida, Iván Puentes foi alcalde de Fene, a súa vila natal, despois de 24 anos de goberno do BNG. Daquela xa vivía en Pontevedra e agora repite experiencia nesta cidade. Sen querer reverter o xa feito, pensa en posibilidades máis alá das ofrecidas durante os vinte e catro anos do BNG no goberno local. Considera que parte dos puntos non acometidos a día de hoxe na cidade son por falta de implicación da Xunta, presidida por un pontevedrés.