A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Real Federación Galega de Fútbol volverán desenvolver unha iniciativa conxunta ao longo da presente xornada.
A Federación Galega de Fútbol organizou unha serie de actividades enmarcadas nesta xornada festiva, incluíndo un encontro 'all stars' con actores e humoristas. Este partido xogarase a partir das 12.30 horas no Campo Federativo de Coia, en Vigo. O partido Galicia-Panamá será ás 20.00 horas en Balaídos.