Asegura que o punto máis próximo á Ruta Xacobea está situado a tres quilómetros das instalacións. A plataforma Ulloa Viva responde: "Inaudito".
  comenta   0
O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como "unha nova marxinación" á cidade o anuncio da Xunta de reclamar 12 novas unidades xudiciais para toda Galicia sen incluír entre elas un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo.
Fíxoo ante a alerta amarela por fortes refachos de vento prevista e que xa deixou refachos de ata 80 quilómetros por hora en localidades como Vimianzo.
A Xunta adapta os horarios de dous autobuses entre Ourense e Lugo para axustalos ás xornadas laborais de usuarios.
  comenta   0
O viceportavoz segundo do Grupo Parlamentario do BNG, Luís Bará, valorou en profundidade este xoves a nova estrutura da Xunta que dirixe Alfonso Rueda e dixo que ten varias "claves". Asegurou que as modificacións na Presidencia merecen "unha peza separada" pola súa "entidade propia e calado político".
  comenta   0
As actividades enoturísticas desenvolveranse entre o 24 e o 26 de maio e o prazo para inscribirse ábrese o día 2 de maio. Para facilitar o desprazamento ao territorio da D.O. Ribeira Sacra haberá un 'Bus do Viño' con saídas dende as principais cidades galegas: Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago.
  comenta   0
Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores dos delitos de roubo con forza en vivendas habitadas e por tenencia ilícita de armas.
Os feitos ocorreron en marzo de 2022, cando despois de volver dunha noite de festa, o home aproveitou que a súa compañeira estaba durmida para meterse na súa cama e penetrala vaxinalmente.
Rexistráronse en varios puntos valores negativos nos termómetros unha semana despois de que Galicia vivira temperaturas máis propias do verán.
Durante a presentación técnica do proxecto, o director, Bruno Dapena, destacou que a planta de Palas "será a primeira do mundo que integre os dous procesos necesarios para a produción de lyocell", unha fibra téxtil 100 % biodegradable.
Nun comunicado, Comunidade Saharauí en Galiza afirma que o agresor, de nacionalidade marroquí, dirixiuse á menor por detrás para quitarlle a bandeira do Sahara que levaba suxeita na cabeza cunhas gomas. O colectivo engade que o suposto agresor, que "atacou física e verbalmente a varias novas saharuis" ás que "insultou" con comentarios "machistas".
A Reserva da Biosfera dos Ancares e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá reciben a certificación de 'Destino Turístico Starlight' para desenvolver o turismo de estrelas.
Bruno Dapena, director do proxecto, incidiu no obxectivo da compañía de trasladar á contorna de Palas de Rei o modelo da fábrica Biotek de Altri en Portugal, “que logrou integrar a convivencia coa comunidade e a xeración de riqueza”
A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi que resultou completamente calcinada o martes como consecuencia dun voraz incendio e que os responsables da empresa titular das instalacións cren que puido ser intencionado.
O Colexio de Veterinarios de Lugo advertiu de "risco vital" para mascotas e outros animais, como cabalos, tras a entrada en vigor este mes do Decreto 30/2024: "A un can que entre en parada cardíaca non podemos fornecerlle adrenalina sen que previamente llo pidamos á farmacia e, á súa vez, esta o solicite ao seu distribuidor".
Aseguran que viviron "en shock" esa noite. Os acusados din que as relacións foron consentidas e unha dela denunciou para "ocultar a infidelidade" á parella.
A Axencia de Doazón de Órganos e Tecidos (ADOS) fixo un chamamento a participar na segunda fase da campaña de doazón de sangue nas universidades galegas no actual curso, unha iniciativa que concluirá o mércores 17.
  comenta   0
O caso de Mónica Oltra non foi nin será o derradeiro. Denunciar tentando acadar réditos políticos seguro que seguirá existindo, e sempre haberá xente da vida partidaria que facendo esas manganchas terá aliados nalguha prensa para tentar influir na opinión da cidadanía e mudar o sentido do voto.
  comenta   0
Este recoñecemento, entregado en virtude do compromiso e apoio prestado pola cidade de Lugo a esta entidade desde mediados do século XX, simboliza a colaboración entre a Administración local e a irmandade, apuntan desde o consistorio.