Persoal de Zara Loxística mobilízase este domingo na Coruña, cunha manifestación, ás 12.00 horas, na praza de Lugo, contra a "perda de dereitos". Ademais, convocaron paros os días 13 e 14 de maio en cada quenda de traballo.
Nun comunicado, Comunidade Saharauí en Galiza afirma que o agresor, de nacionalidade marroquí, dirixiuse á menor por detrás para quitarlle a bandeira do Sahara que levaba suxeita na cabeza cunhas gomas. O colectivo engade que o suposto agresor, que "atacou física e verbalmente a varias novas saharuis" ás que "insultou" con comentarios "machistas".
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, pediu "saír á a rúa" para "reverter a situación de emerxencia lingüística en todos os campos"
  comenta   0
Nacionalistas e socialistas, así como dirixentes sindicais participaron nas mobilizacións que, nalgunhas cidades, estiveron marcadas polas divisións entre algunhas entidades feministas.
  comenta   1
A manifestación convocada en Lugo o 8 de marzo porá o acento este ano na importancia de implementar unha "educación feminista" para poder lograr "a igualdade e a xustiza social".
Concentráronse en 26 cidades do Estado, entre elas Vigo e Santiago de Compostela. Esixen unha Igrexa sinodal de relacións horizontais onde non exista subordinación das mulleres.
  comenta   0
As posicións enfrontadas respecto das mulleres trans impiden un ano máis a celebración de manifestacións unitarias.
  comenta   2
Estes avogados piden a "dignificación e defensa deste servizo público a través do recoñecemento de dereitos laborais" a estes profesionais.
  comenta   0
A esquerda déixase ver xunta na manifestación en defensa da sanidade e conxúrase contra o PP de Rueda.
  comenta   0
Reclaman melloras nun servizo que consideran que está en "precario" e con falta de persoal. Jácome dixo no salón de plenos: "Non todos, pero houbo casos de bombeiros que foron con xurídicos ás probas e aos que suspendían dicíanlles que había que facer para botar abaixo o proceso; co cal, dilatábase todo un ano máis".
  comenta   0
Estas asociacións lamentaron que a "situación de destrución" da Atención Primaria en Galicia "está a alcanzar un punto de inflexión que vai ser irreversible en breve se non se toman medidas inmediatas". Por iso, tamén se mobilizarán do vindeiro domingo a partir das 12.00 en Santiago.
  comenta   0
Os convocantes da manifestación en defensa do mar que tivo lugar en Santiago o 21 de xaneiro fan un chamamento á unidade do sector para reivindicar "entre todos" un plan de actuación que garanta "a curto e longo prazo" o desempeño da actividade mariñeira e marisqueira na ría galegas.
  comenta   0
En resposta ás acusacións da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e do propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre que a manifestación convocada este domingo "é política", o presidente de Plademar, Rogelio Santos Queiruga, di que "ir a unha manifestación é política, pero non ir tamén o é, apoiala é política, e non apoiala tamén" e "a nós o único que nos importa é o mar".
  comenta   1
Os convocantes da manifestación rexeitan intencións políticas e aseguran que "o obxectivo é encher a praza do Obradoiro; e se se pode dúas veces, mellor". Ángeles Vázquez afirma que ata que non se saiba "xuridicamente" a quen pertencen os granulados non poderán reciclalos.
  comenta   0
Unhas 50 organizacións convocaron unha manifestación que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o próximo 4 de febreiro para loitar pola "recuperación" do sistema público de sanidade.
  comenta   0
O comité de expertos que avaliará o impacto das verteduras plásticas no mar reunirase este venres. Segundo Meteogalicia, un cambio nos ventos debería mover os microplásticos "cara ao Golfo de Biscaia sen chegar de maneira masiva ao litoral galego".
  comenta   0
Aínda que a Xunta afirma que hai profesionais traballando nos areais, cando un se achega ata eles o único que se atopa é a xente do común que fai o que pode. Por iso, estes voluntarios tratarán de alzar a voz para que non se lle reste importancia a un asunto que xa recorda a moitos o acontecido co Prestige.
  comenta   0