Chama a ter coidado coa masificación das praias, pois ao pisar os pellets poden introducirse máis na area. Tamén di que, ao angazar os areais, pódese destruír o hábitat de moitos animais, aínda que os voluntarios traten de organizarse. "Evidentemente os voluntarios fano por ben, pero deben ter moito coidado", alerta.
  comenta   0
Galicia rexistra marcas "históricas" de visitantes á vez que certas zonas rexistran tensións por falta de vivenda. O peso do turismo na economía galega mantense en niveis próximos aos de comezos da década de 2010 mentres a comunidade encadea anos con plusmarcas en visitantes e pernoctacións, asentada como o sétimo destino do Estado por detrás de Canarias, Cataluña, Andalucía, Baleares e Madrid.
  comenta   0
As pintadas en pórticos da catedral, comportamentos incívicos por parte de turistas na Praza do Obradoiro, masificación irrespectuosa coa convivencia coa veciñanza da cidade e incumprimento dos regulamentos de tráfico urbano. Son só uns poucos puntos do catálogo que ofrecen asociacións de veciños para unha taxa turística. O Concello de Santiago remitiulle á Xunta unha proposta de gravame sobre estadías turísticas ante a presión de visitas e a pegada que deixan na cidade.
  comenta   0
A acción das mareas --que xa cruzan o illote dun lado a outro--, os temporais de inverno e, sobre todo, a presión humana, provocan que o illote vaia perdendo cada vez máis superficie. Ademais dos seus valores naturais, os expertos apuntan a preservar a actividade marisqueira, que "está a baixar".
  comenta   0
Esta masificación supón un gran reto para os centros xa que deben amoldarse aos grandes cambios para seguir ofrecendo os mellores servizos.
  comenta   0
O Conselleiro de Cultura e Turismo describiu o Camiño como "factor de dinamización de primeiro nivel" e indicou que os datos "lonxe de resultar preocupantes son esperanzadores", tanto a nivel económico como social.
  comenta   0
Algúns condutores decidiron sortear todas as prohibicións que hai no monumento, incluído, unha barreira física, para levar os coches ao pé da fervenza.
Verdegaia critica que o Plan Reitor de Uso e Xestión que regula a capacidade de persoas das illas atlánticas leve 15 anos sen aprobarse.
  comenta   0