Marta Paz, unha das investigadas polo caso dos "miguelianos", non irá a xuízo despois de que retirasen as acusacións contra ela, mentres segue mantendo que todo este proceso é froito "da envexa". GC falou coa considerada man dereita de Miguel Rosendo, líder deste grupo relixioso, e tamén con outras acusadas que acusan a un asistente eclesiástico do Bispado de Tui de ser o responsable de todo.