Vías secundarias con difícil incorporación á estrada principal, curvas estreitas e sen visibilidade, vehículos a altas velocidades pasando por unha zona de casas na que non hai nin beirarrúas nin pasos de peóns... Dende a Plataforma Veciñal de Infesta, un dos seus portavoces, Antón Lois, cóntanos o perigo que corren cada día ao saír das casas.
  comenta   0
O psicólogo do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (GIPCE) Diego Antelo Guerra desgrana no I Congreso Nacional de Psicoloxía das Emerxencias como este grupo leva a cabo a súa intervención ante accidentes nos que hai falecidos.
  comenta   0
A psicóloga María Carpallo lembra que "un 43,4 % da xente que chamaba non se atopaba en ningunha situación con respecto á covid, tan só precisaba usar o teléfono porque tiña malestar emocional por estar na casa". Un 66,8 % chamaban por sintomatoloxía de ansiedade; un 30,5 % por sintomatoloxía depresiva; e un 13,9 % por problemas familiares.
  comenta   0
Fontes próximas á investigación informan de que a morte apunta a un afogamento, aínda que haberá que esperar á autopsia para determinar a causa
  comenta   0
Durante moito tempo, e aínda na actualidade, especulouse moito con que as orixes do piloto austríaco estarían en Loña do Monte, unha aldea do municipio ourensán de Nogueira de Ramuín. Sen embargo, tras a súa morte, a Federación de Industrias Austríacas publicou unha biografía do empresario vienés Hans Lauda, ao que identificaba como o verdadeiro avó de Niki.
  comenta   0
Con posterioridade personáronse no escenario dos feitos axentes da Policía Nacional e a autoridade xudicial para o correspondente levantamento do cadáver
  comenta   0
A Policía Nacional rexistrou a vivenda na que se iniciou a discusión que derivou no apuñalamento mortal rexistrado o venres e descubriu unha plantación de marihuana no seu interior.
  comenta   0
A vítima quedou atrapada baixo o vehículo agrícola e foi necesaria a intervención dos veciños para poder liberalo, polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros de Boiro
  comenta   0
Ata a zona mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 con base en Ourense, que non puido facer nada pola vida do octoxenario
  comenta   0
O Concello de Lourenzá informou da apertura dunha conta bancaria para recadar doazóns e axudar á familia do traballador falecido hai unha semana nun accidente laboral na Mariña
Os termos do acordo recollen esa condena de 4 anos por dous homicidios imprudentes, ademais de 27 delitos de lesións e un delito de dano catastrófico. Á marxe deste acordo relativo á responsabilidade penal, queda por dilucidar aínda a responsabilidade civil, xa que a explosión produciu danos en 430 vivendas e case 80 vehículos.
  comenta   0
A provincia de Pontevedra leva rexistradas xa oito mortes relacionadas co lugar de traballo. O último deceso acontecía o día 8 de abril en Ponteareas. Con anterioridade un operario caera desde unha altura con resultado de morte e outro traballador morría nun accidente cunha pa mecánica. As causas das mortes no contexto do lugar de traballo son moi diversas mais tamén parece haber consenso en que non hai suficiente cultura da seguridade laboral.
  comenta   0
Recoñeceu ser autor do disparo mortal, aínda que aclarou que actuou en lexítima defensa, porque a vítima se presentou no seu domicilio armado cunha machada e ameazándoo.
Os servizos sanitarios apuntan a un paro cardíaco previo á caída, que puxo en alerta aos seus compañeiros e compañeiras de traballo.
  comenta   0
Este sábado cúmprese o prazo legal máximo de detención polo que, se chegado ese momento a súa situación non cambiou, será ingresado involuntariamente nunha Unidade de Saúde Mental, ata que as súas condicións melloren.
O home foi detido no seu domicilio da rúa Curros, da parroquia de Lavadores, tras atacar á súa irmá M.C.D.E., de 71 anos, cun coitelo no pescozo, causándolle a morte. Estaba en tratamento psiquiátrico.
No accidente non mediou ningún fallo mecánico, polo que os investigadores traballan coa hipótese de que fose froito dun descoido ou de somnolencia por parte do condutor. Ambos os dous falecidos contaban con antecedentes por narcotráfico.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, insistiu este mércores na necesidade de utilizar o cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil no coche tras os resultados da última campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) na provincia.
  comenta   0
A Xunta iniciou un programa piloto de cribado de cancro de pulmón a 1.200 pacientes "con alto risco", fumadores ou exfumadores de entre 55 e 74 anos, no centro de saúde do Ventorrillo, na Coruña.
O representante debe dispor de Certificado Dixital ou Cl@ve permanente e o representado debe ter o seu teléfono móbil rexistrado nas bases de datos da Seguridade Social.
  comenta   0
Dende a asociación CanCoruña, a que conseguiu o primeiro parque canino da cidade aló polo ano 2004, aseguran que "aínda quedan cousas por facer", aínda que, afortunadamente, vanse dando pasiños, tamén no que respecta á "concienciación da cidadanía" sobre o que implica ter un can e a responsabilidade de coidalo.
  comenta   0
Os feitos tiveron lugar no verán do 2022 cando un veciño da cidade proferiu ameazas de morte a través da rede social Facebook.
Os casos de enfermidade renal crónica seguen en aumento, segundo informa a Sociedade Española de Nefrología con motivo do Día Mundial do Ril. No caso de Galicia, afecta a unhas 4.000 persoas, que necesitan diáleses ou transplante "para poder seguir vivindo".
  comenta   0