Galicia lidera o descenso no balance entre as emisións e as absorcións netas de gases de efecto invernadoiro respecto de 1990 cunha redución de case o 60 %.
  comenta   0
Despois de falar das causas e consecuencias dunha problemática que semella que se nos botou enriba antes do agardado, dende o GC preguntamos a expertos en diversos ámbitos que é o que se pode facer para tratar de poñer freo ao avance incesante do cambio climático. Todos coinciden en que se precisan medidas a nivel gubernamental, empresarial e comunitario.
  comenta   0
Os socialistas advirten que a inacción do Goberno galego pode comprometer o futuro dunha industria clave para Galicia.
  comenta   0
A Plataforma en defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños viu "moi negativamente" esta nova regulación, ao tratarse do "pistoletazo de saída para a instalación de polígonos de eólica mariña nos ricos e sensibles mares".
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cre que "hai que darlle un plus de velocidade ao que se está facendo porque, en ocasións, non se pode esperar para determinados proxectos industriais a que se desenvolva todo un polígono".
  comenta   0
O novo centro de Norvento integrará tecnoloxías avanzadas como paneis fotovoltaicos e sistemas de coxeneración de biomasa para unha operación independente da rede eléctrica.
O investigador alemán di ser "pesimista" respecto ao cambio climático. Visita Santiago co programa ComCiencia e dará unha conferencia este xoves no Pazo de Fonseca.
  comenta   0
Este será un dos temas que tratará a conselleira de Medio Ambiente, que aproveitará para presentar a lei de administración ambiental.
  comenta   0
A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, mostrou o compromiso do Concello de Moaña para "parar a ameaza eólica". No traxecto constatáronse os impactos no territorio da implantación de 15 xeradores de 180 metros de altura.
  comenta   0
As cifras achegadas polos promotores da iniciativa cifran a capacidade produtiva media da planta en 2.990 toneladas de hidróxeno verde ao ano e prometen a creación de 25 empregos directos na fase de operación.
A Xunta lanza unha oficina 'en liña' para facilitar a transición climática das entidades galegas e anuncia unha nova programación de eventos a partir do 18 de setembro.
  comenta   0
A enerxética impulsa a capacidade de inxección na rexión, cunha capacidade total de 2.400 GWh anuais, co obxectivo de apoiar o consumo de medio millón de fogares en España.
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o vicepresidente segundo do Comité de Asuntos Constitucionais do Parlamento Europeo, Adrián Vázquez, mantiveron unha reunión recentemente para abordar o asunto.
  comenta   0
O conselleiro de Educación coñece o funcionamento dos laboratorios de EnergyLab e o impacto das súas investigacións na transición enerxética.
"A Unión Europea está promovendo investigación orientada á política, que implique á cidadanía, tanto na xestión da enerxía como da transición enerxética e nos espazos, pero na práctica, xa sexa a nivel local, rexional ou nacional, sempre vemos que isto non acaba de acontecer", afirma o tamén exdeputado do Parlamento español.
  comenta   0
'Tesouro' está situado nas Pontes e conta cunha potencia de 50,4 megawatts, con sete aeroxeradores. 'Santuario' enmárcase en Xermade, Vilalba, Guitiriz e tamén nas Pontes. Trátase dunha instalación con 161 megawatts, composta por 23 aeroxeradores.
  comenta   0
Os populares esixen respostas porque argumentan que esta situación "pon en risco a continuidade da actividade da factoría e, con ela, de postos de traballo directos e indirectos".
  comenta   0
En 2023 cifráronse en máis de 8 millóns as mortes prematuras por exposición a contaminantes atmosféricos e cada ano falecen prematuramente en España 25.000 persoas por enfermidades asociadas á mala calidade do aire, segundo a Axencia Europea do Medio Ambiente.
  comenta   0
A empresa de enerxías renovables prevé aumentar o seu equipo con novos roles en explotación, mantemento e seguridade.
  comenta   0
Recuperan ademais unha reclamación recorrente, que é a de reclamar ás administracións un prezo da enerxía máis competitivo "que garanta a viabilidade do complexo".
Esta é a primeira das estruturas fixas dun total de 45 monopiles, asinado en abril de 2023, e que segundo as previsións vai supor 900.000 horas de traballo durante un prazo de 15 meses.
  comenta   0
"Sempre se di que Galicia exporta máis do que importa, porque nos sobra, e non é tan así, hai que saber o que exportamos e, en termos xerais, importamos máis do que temos", di a investigadora e profesora da USC Rosa Regueiro. "Fannos falta 11.411 xigawatios de potencia", asegura.
  comenta   0
"Os investidores empezan a mirar cara a outros territorios onde hai certeza e seguridade xurídica, así como axilidade na tramitación dos expedientes", aseguran.
  comenta   1