A homenaxe dá continuidade á celebrada en Celanova o pasado mes de xullo, coincidindo co 81º aniversario da morte de Yáñez Pereira. Neste senso, está organizada polo Concello de Monforte en colaboración co Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.
O investigador Víctor Oia Francisco é autor do libro 'Pulso de Galicia', un percorrido sobre a vida da CNT na cidade de Vigo. Nestas páxinas ofrece unha visión ou re-visión do que foi o movemento anarcosindicalista na cidade olívica despois da guerra civil española e a súa nova xeira durante o franquismo. Sorprende a resistencia e a incidencia deste movemento na cidade olívica dentro dos sectores industriais a pesar da represión franquista.
  comenta   0