O sindicato CIG asegurou este luns, nun comunicado, que as instalacións da lonxa de Cariño "están a sufrir unha alarmante deterioración xeral" e que nelas non se cumpre a normativa de prevención de riscos e saúde laboral para os traballadores.
  comenta   0
Traballar a distancia, sen unha planificación adecuada e en condicións de precariedade, provoca novos riscos laborais para as persoas traballadoras. Co gallo do Día da Saúde e da Seguridade Laboral recordado este xoves, GC repasa as problemáticas específicas que afectan ao teletraballo.
  comenta   0
A seguridade e a saúde no traballo enfronta unha gran cantidade de riscos psicosociais que derivan, en moitos casos, da precariedade laboral, e que se colocaron no foco a raíz da pandemia da covid.
  comenta   0
O regreso do sector do turismo tralos peches impostos pola pandemia volveu poñer no foco a precariedade laboral. As camareiras de hotel, que a base de loita saíron da invisibilidade hai uns anos, viron aumentada a carga de traballo e reducidos os seus dereitos laborais nos últimos tempos. Un mundo "sinistro", contado aquí por quen mellor o coñece.
  comenta   0
A Xunta mantén activos programas formativos específicos dirixidos a colectivos de mariscadoras, redeiras ou coidadoras de persoas dependentes, dos que se beneficiaron ata o momento máis de 300 profesionais.
  comenta   0
O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández Couto, presidiu este mércores a reunión do Comité de Coordinación Policial Antiincendios, formado por representantes das diferentes forzas e corpos de seguridade do Estado presentes en Galicia, ademais da propia Xunta.
  comenta   0
O Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral aborda o protocolo de reincorporación ás aulas, entre críticas dos sindicatos
  comenta   0
A Xunta publicou un documento para a reincorporación ao traballo dos funcionarios públicos sen convocar os Comités de Seguridade e Saúde Laboral nin a Mesa Xeral de Empregados públicos.
Os sindicatos avisan que o número de persoas afectadas por silicose en Galicia aumenta sobre todo no sector da lousa. En cuestión de poucos anos, informes oficiais falan dun aumento dos casos enviados para ser estudados por especialistas. Aínda así, o proceso para estudar un caso de silicose é complicado, mesmo desde algúns organismos se sospeita que non son remitidos todos os casos que deberan ser analizados.
  comenta   1