Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024 | Actualizada ás 12:05
A Xunta prohibiu desde este venres e ata novo aviso as queimas agrícolas e forestais realizadas por particulares. Desta forma, quedan excluídas desa prohibición as queimas controladas que realiza o servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispondo dos medios de extinción necesarios.
Así o informou o Executivo galego que detallou que "non dará" máis permisos e os xa concedidos "quedarán en suspenso" a partir deste venres. A decisión tomárona tras valorar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.
A Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.