Dirixentes políticos de todos os partidos, alcaldes e dirixentes sociais e sindicais de Galicia tamén se pronuncian logo da decisión de Pedro Sánchez de non dimitir.
Tras os seus cinco días de reflexión, pide poñer fin ao "fango" e á "política da vergoña".
Luís Lago Lage será o responsable de Organización, coa concelleira das Pontes Ana Pena como adxunta. Carmela Silva continuará como presidenta da formación, que se reduce nun 31%, ao pasar de 58 integrantes a 40.
Presentará proposicións para que retire o "polémico" índice, que segundo os populares "non está a funcionar" pese a que se aprobou hai 40 días e só se aplicou ata agora en Cataluña.
Miranda volve encabezar unha lista que suma a Bieito Lobeira, o pescador e divulgador Rogelio Santos e que pecha un familiar dun dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo.
A alcaldesa de Santiago está convencida de que a o apoio á líder do BNG "vai seguir medrando" en sucesivas citas electorais. "Nós imos a por todas, non nos poñemos teito e imos seguir medrando. Estou moi segura", di.
Democracia Ourensana cuestionou se os partidos da oposición teñen "a síndrome de Estocolmo". "Danvos cousas para os vosos pobos e non sei se padecedes a síndrome de Estocolmo, porque estades adoitados a que non vos desen nada", esgrimiu Rafael Cachafeiro, portavoz da formación.
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval, dixo que se trata dunha medida "de clases". "Fixeron unha medida de clases, omitindo a necesidade da súa universalidade. Non se pode condicionar a gratuidade aos aprobados, a meritocracia non existe salvo que sexas rico", sostivo.
O PSOE apraza ao martes a Comisión Federal de Listas. Os socialistas galegos habilitan autobuses para que os militantes acudan a Ferraz a mostrar o seu apoio a Sánchez.