O actual deán da catedral de Santiago, Xosé Fernández Lago, lembra nunha xornada celebrada no Consello da Cultura Galega como foi a súa participación no proceso de tradución da Biblia ao galego, cuxa primeira edición veu a luz no ano 1989.
Foi realizada pola editorial SEPT, cun grupo de traballo no que participaron 35 persoas, coordinado polos tradutores Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga. Como conta o escritor galego Silvestre Gómez Xurxo, "foi un reto moi complicado para unha editorial tan pequena, pero logrouse". A primeira edición veu a luz no 1989 e no 2022 publicouse a cuarta.
O conselleiro de Cultura, Política Lingüística e Xuventude, José López Campos, participou este xoves na inauguración da Asemblea Xeral da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), onde reivindicou a Santiago como "símbolo" do "cáracter multilingüe das sociedades humanas".
Xunto á xefa da Unidade de Multilingüismo da Comisión Europea, Anna Solé, abordaron a elaboración dunha unidade didáctica para difundir o multilingüismo entre todos os centros españois e a tradución xurada en cadea
O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, pediu "saír á a rúa" para "reverter a situación de emerxencia lingüística en todos os campos"
O Seminario de Lexicografía da Academia sumou unhas 40 voces novas ao glosario oficial da lingua galega, ao que tamén se engadiron novas acepcións de palabras e melloras na redacción doutra vientena de vocábulos e expresións
Tras a entrega dos recoñecementos tomou a palabra Verónica Civeira, en representación de todos os premiados, que considerou estes galardóns, ademais dun "recoñecemento ao uso da lingua" propia, un impulso ao seu "compromiso para seguir usándoa". "Temos a fortuna de contar cunha lingua propia que temos que seguir protexendo e coidando", dixo.
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou que "os dereitos lingüísticos son parte dos dereitos humanos" e que "a policía tería que estar para defendelos"
Trátase dun "retrato coral" sobre a homenaxeada nas Letras Galegas 2024.
A Mesa tramitou 1.129 expedientes o pasado ano diante de entidades públicas e privadas en defensa do dereito ao uso do galego. Entre as empresas privadas, Vodafone e Naturgy son as máis demandadas.
A Mesa do Congreso convocou este martes un concurso para a adxudicación dun contrato de servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado en directo ao castelán das intervencións que se realicen en linguas cooficiais nos diferentes espazos da Cámara.