Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2024 | Actualizada ás 19:00
Lonxe da máxica Costa Brava, da desértica Andalucía, a terra para e o mar lévanos á mística Galicia. No mesmo oeste de Europa hai que deixarse mecer no oco do mar e contemplar unha escarpada paisaxe feita de inmensos acantilados, sobre os que se derrumba o océano Atlántico. Así describre a TF1 á Galicia.
"Anaco de terra aínda conservado, Galicia, encaixada entre Asturias, Portugal e o océano Atlántico, revélase como unha parte pouco coñecida da cultura celta lonxe da Bretaña. Un enclave situado a 800 quilómetros do Finisterre (bretón), aferrado ao extremo noroeste de España", indica. Podes vela aquí.
Tamén a canle France 3 conta a historia de Aceredo, o pobo galego que tivo que ser abandonado pola forza e que quedou baixo as augas da presa de Lindoso. Aquí a reportaxe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.