Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2024 | Actualizada ás 15:32
A Garda Civil investiga o achado do corpo sen vida dun home que apareceu semidesnudo e con varios golpes no cemiterio de Augasantas, no municipio de Rois.
Segundo informan a Europa Press fontes do Instituto Armado, o cadáver foi atopado o domingo pola tarde. Será a autopsia a que determine a causa do falecemento, sen que polo momento a Garda Civil descarte ningunha hipótese, tampouco a dunha morte natural.
O home apareceu no cemiterio sen camiseta, despois de que na tarde do sábado se lle vise nun bar da zona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.