As noticias falsas, as fakenews, as mentiras ou loiadas e os altofalantes que as difunden son dous elementos que parecen ter agromado con moita forza nestes tempos das redes sociais, medios ou pseudomedios que aproveitan o libre acceso á Internet para difundir presuntas informacións que logo se demostran falsas. Ademais, centrándonos en Galicia, Rueda anuncia cambios na lei de medios públicos galegos trece anos despois da lei 9/11 sobre o mesmo punto. Algúns profesionais ven unha manobra, outros esperan que haxa cambios en positivo
  comenta   0
A oposición reclamou a saída de Sánchez Izquierdo tras 15 anos no cargo (chegou en 2009) para abrir unha nova etapa na radiotelevisión pública galega
  comenta   0
O presidente galego insiste en adaptar a normativa galega á europea pero nesa actualización tamén abordará o cambio e o xeito de elección do futuro director xeral da CRTVG. Tamén, asuntos que os partidos da oposición e organizacións profesionais de xornalistas levan reclamando desde hai anos como é a dun Consello de Informativos e Estatuto Profesional.
  comenta   1
Miranda volve encabezar unha lista que suma a Bieito Lobeira, o pescador e divulgador Rogelio Santos e que pecha un familiar dun dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo.
  comenta   0
Trátase dun "retrato coral" sobre a homenaxeada nas Letras Galegas 2024.
  comenta   0
"Supón falar de censura e da manipulación, por exemplo, que sofren desde hai anos os centos de traballadores da CRTVG", sinalou a senadora do BNG
  comenta   0
Os tres principais partidos galegos teñen ideas diferentes sobre a importancia do ente público. O BNG é o único que coloca ao ente público entre as súas prioridades na XII Lexislatura. O PPdeG insiste en utilizar a TVG para impulsar o mercado audiovisual galego, mentres que o PSdeG quere uns medios públicos "plurais e independentes"
  comenta   1
Ana Miranda asegura que este tema está na orde do día da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.
  comenta   0
Rueda di que "non lle consta" que Alfonso Sánchez Izquierdo "chegara ao final do seu periodo" como máximo dirixente dos medios públicos galegos.
  comenta   0
Alfonso Sánchez Izquierdo vai facer 15 anos anos como director xeral, sete deles como director "transitorio". A súa substitución só sairá dun acordo por maioría de tres quintas partes da Cámara, algo que se antolla complico. A UPG xa avanzou públicamente "unha confrontación política directa para rescatar este medio para o servizo público".
  comenta   2
O mariñeiro, patrón e divulgador Rogelio Santos di ser vetado na TVG por críticar á xestión dos pélets e apoiar ao BNG nun vídeo de campaña. A canle pública asegura que non hai ningún tipo de censura e que non teñen contrato con Rogelio máis aló do programa 'Coñecendo o mar', unha serie de 'reels' xa en publicación.
  comenta   0
O termo "histórico" é un dos que mais se utiliza na conversa pública. Até o punto de que, en moitas ocasións, perde o significado básico que debería proporcionar: describir un acontecemento pouco habitual na vida das sociedades ou das persoas. Tantos eventos son catalogados como históricos que, finalmente, ten lugar un efecto indesexado: a práctica banalización de semellante atributo.
  comenta   0
A Xunta Electoral Central (JEC) confirmou que a CRTVG debe ampliar o tempo dedicado á campaña nos seus informativos tras rexeitar un recurso da cadea contra un acordo da xunta electoral galega do 31 de xaneiro.
  comenta   0
Como dicía Catón "non perdas o tempo en discutir cos estúpidos e os falabaratos: a palabra téñena todos, o bo xuízo só uns poucos".
  comenta   1
O Galicia Confidencial lanzou unha enquisa na rede social X preguntando pola gañadora, entre as tres forzas con actual representación no Parlamento galego, do debate electoral deste luns. Ana Pontón obtivo o 79,6 % dos votos. En Instagram, por outra banda, chegou ao 80 % dos votos.
  comenta   0
Volve retar a unha "cara a cara" a Rueda e cre que a súa apelación ao terrorismo de ETA no debate revela o "nerviosismo do PP"
  comenta   0
Pontón insiste en que teña un debate con ela, Besteiro denuncia o "legado nefasto" do PPdeG e Marta Lois di estar convencida de que o 18F haberá cambio en Galicia.
  comenta   0
Considera, por mor dun recurso do BNG, que non está xustificado que o tempo que dedica á información electoral se reduza respecto de 2020
  comenta   0
Lembra que o partido recorrente puido formular as reclamacións oportunas no momento da prestación do Plan de Cobertura
  comenta   0
Argumenta que non é un "grupo político significativo" porque, a diferenza de Sumar e Podemos, non obtivo o 5% nas xerais de 2023
  comenta   0
Daranse a coñecer as gañadoras e gañadores da XXII edición, á que concorren 173 producións e 493 profesionais.
Denuncian que se produce unha redución do tempo na información diaria específica da campaña electoral con respecto ao plan de cobertura de 2020.
  comenta   0
O debate ábreo e conclúeo Rueda e terá tres bloques temáticos. Non terá minuto inicial, senón que arrincará directamente no primeiro bloque coa intervención de Rueda. Foron as tres formacións con representación no Parlamento (PPdeG, BNG e PSdeG) as que escolleron, por orde de maior a menor representación, que bloques queren abrir e pechar.
  comenta   0
O xulgado di que a CRTVG “non indica con base en que concreto apartado do art. 91 (do Convenio Colectivo da CRTVG) exercita a potestade sancionadora”.
  comenta   0
O BNG cre que o PP acode "dopado" ao 18F por pór fondos da Xunta e a CRTVG "ao servizo" da súa campaña. Besteiro di que é "enriquecedor" que haxa debates.
  comenta   0
Exclúe a Vox dun debate no que inclúe a Podemos e Sumar xunto co BNG, PSdeG e PPdeG. Hai catro anos si convidara ao candidato da ultradereita.
  comenta   0
A candidata de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, manifestou que a súa exclusión "non se debe a un criterio xurídico, senón político, e é o enésimo intento de tentar que Podemos non teña voz propia"
  comenta   0
Ana Pontón di que será unha presidente sen ataduras. Rueda disposto a participar nun debate a dous se as formacións que aspiran "a gobernar Galicia a través dun multipartito" acorden quen será o seu rival.
  comenta   0