A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, comprometeu máis recursos para abordar a violencia de xénero e demandou ao Goberno central a creación de novos xulgados de violencia de xénero nas principais cidades galegas.
  comenta   0
O Barómetro de Opinión realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) a principios do mes de maio, tras o período de reflexión de cinco días que se deu o presidente Pedro Sánchez, coloca de novo ao PSOE na cabeza cunha estimación de voto do 35,5 % e cinco puntos de vantaxe sobre o PP, ao que se atribúe un 30,4 %.
  comenta   0
Tras abrir procedemento en febreiro, a Xunta Electoral de Galicia rexeita sancionar ao non identificarse ao responsable da infracción en "unha concreta autoridade ou funcionario".
  comenta   0
O PP catalán, que sacou en 2021 o seu peor resultado en Cataluña con tres escanos, aspira agora a superar a decena de deputados e quedar por encima de Vox, que irrompeu no Parlamento catalán fai tres anos con 11 escanos. Tamén pretende absorber o voto de Ciudadanos e parte do PSC.
  comenta   0
A decisión do presidente español de non dimitir supón un alivio para a familia socialista galega. Aínda que non todos están de acordo co final desta minicrise, boa parte da militancia do PSdeG considera que, polo menos, arrefría a crise do partido en Galicia e é un balón de osíxeno para Besteiro.
  comenta   0
O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) sitúa ao PSOE case dez puntos por encima do PP, cunha estimación de voto do 38,6 % dos socialistas e 29,2 % para os 'populares'. Pola súa banda, o BNG mantense cun 0,9 % da estimación de voto con respecto ao anterior barómetro.
  comenta   0
Tras os seus cinco días de reflexión, pide poñer fin ao "fango" e á "política da vergoña".
  comenta   0
A comisión do Congreso que investiga os contratos de emerxencia destinados á compra de material sanitario en pandemia aprobou este martes unha listaxe de 134 comparecencias que saíu adiante co apoio do PSOE e os seus aliados parlamentarios, mentres que o PP queixouse de que só unha quinta parte ten relación co chamado 'caso Koldo' e, como Vox, tachou a investigación de "paripé".
  comenta   0
"Eu celebro que ata agora en Galicia ese clima non existe, aínda que sempre hai momentos máis ou menos complicados.Creo que deberiamos estar todos comprometidos, todas as forzas políticas, en mantelo así", di.
  comenta   0
PP, Vox, PNV e Junts aprobaron no Congreso unha iniciativa popular que insta ao Goberno a derrogar aqueles artigos da Lei de Vivenda que vulneren as competencias autonómicas.
  comenta   0
Din que esta acción é porque estes partidos votaron en contra ou abstivéronse no Congreso dos Deputados ou no Parlamento Europeo de frear o comercio de armas con Israel e cortar as relacións diplomáticas e comerciais.
Ana Miranda asegura que este tema está na orde do día da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.
  comenta   0
O Congreso aprobou unha iniciativa de PP e UPN para impulsar o desenvolvemento da 'E' Vasca e que a infraestrutura, que ten por obxecto conectar os trens de alta velocidade en Euskadi, chegue "canto antes" á rexión.
  comenta   0
Após as eleições do 18 de fevereiro de 2024, muita gente saiu ao publico para refletir sobre o fenómeno galego. Li, escutei e falei sobre as minhas opiniões com pessoal achegado ideologicamente e outros não tanto. A radio deu diversas opiniões de vários e varias polítologas /os tertulianas e outras vozes “opinatorias”. O maravilhoso crescimento do Bloque Nacionalista galego foi alvo de múltiplas interpretações. Segundo alguns pode ser resultado de votos emprestados do PSOE ( Eu não acredito) Outrem opina que é uma situação conjuntural, outros simplesmente ficaram expectantes.
  comenta   1
O deputado do BNG, Néstor Rego, fixo a súa intervención en galego, o que xerou a protesta do secretario xeral de Vox no Congreso, José Maria Figaredo, ao non existir servizos de tradución simultánea na sala.
  comenta   3
O PP sumou apoios en 3 dos 18 concellos máis avellentados, mentres que noutros 15 perdeunos. Pero o PSdeG perdeu unha gran porcentaxe de votos en todos estes pequenos municipios, que marcharon directamente ao BNG. En 10 destes municipios Democracia Ourensana foi a cuarta forza.
  comenta   0
Os nacionalistas lograron subir en 10 puntos os votos dos comicios de 2020 en cinco dos 16 concellos máis novos de Galicia. En 10 destes 16 concellos o PP tamén subiu.
  comenta   0
O goberno provincial rexeita "confrontacións partidistas" despois de que o PSdeG e as afectadas criticasen a súa exclusión dun programa de igualdade.
  comenta   0
A proposta que se aprobou é a segunda iniciativa que Sumar rexistra no Congreso por este asunto en pouco máis de dous meses. A que se apoiou este xoves é menos esixente que a presentada en decembro de 2023, cando se instaba ao Goberno a acometer a redución, sen apelar ao diálogo social, e pondo como tope 37,5 horas semanais, abrindo a porta a un pacto cos axentes sociais para baixar ata as 32 horas.
  comenta   0
Os populares manteñense aínda que van perdendo paseniñamente papeletas urbanas. O BNG é o que máis sobe, tras o paso de AGE e as mareas, e o PSdeG desfondase. En Vigo, o BNG consegue un histórico primeiro posto.
  comenta   0
Aseguran facer unha "absoluta e total" autocrítica pero afean que o PP suxerira a Vox que non se presentase aos comicios.
  comenta   0
Podemos afundiuse este domingo coa candidatura encabezada por Isabel Faraldo ao obter tan só o 0,26 % dos votos e quedar mesmo por detrás do Partido Animalista (PACMA), que aglutinou a un 0,36 % do electorado. Tamén lle superaron Sumar e Vox, quenes tampouco entraron no Parlamento galego.
  comenta   0
O resultado supón un golpe para Sumar, que non logra as súas mínimas expectativas de conseguir dous escanos (en Pontevedra e Coruña) para ser claves na gobernabilidade se o PP perdía a maioría absoluta.
  comenta   0
Vox espera entrar por primeira vez no Parlamento de Galicia e chegar a formar parte do Goberno autonómico, segundo defendeu o partido durante toda a campaña.
  comenta   0
Homenaxe ás vítimas do Pitanxo, fútbol e tirarse en parapente. Os candidatos á presidencia da Xunta dos principais partidos galegos pasarán de moi diferentes formas a xornada de reflexión deste sábado, na que collerán forzas de cara á contenda electoral que se celebrará este domingo, 18 de febreiro.
  comenta   0
Milleiros de persoas enchen os mítines de PPdeG, BNG e PSdeG. Nacionalistas e socialistas falan dun "cambio histórico" na Xunta, mentres que os populares apelan ao voto útil dos que voten a Vox e DO para evitalo.
  comenta   0