Os Non Adscritos veñen de activarse novamente. Logo das divisións que tiveron lugar nesta corrente despois da demisión de Beiras como presidente do Consello Nacional, os seus principais impulsores tentan acadar puntos comúns de actuación. Os Non Adscritos teñen xa presencia na Xunta (Quico Chivite e Ana Luisa Bouza), no Parlamento (Manuel Parga) e na Executiva (Roberto Mera). Agora queren limar vellos rencores e malentendidos e camiñar conxuntamente.